Bolsa de emprego para realizar con carácter temporal as funcións de operario como persoal laboral temporal do Concello de Meaño.
Aprobadas mediante Resolución da Alcaldía de 19/03/2026 (núm 2026-), as Bases de selección para a formación dunha bolsa de emprego para realizar con carácter temporal as funcións de operario como persoal laboral temporal do Concello de Meaño.
Sistema de selección: Concurso-Oposición, segundo se establece nas bases reguladoras da convocatoria.
Prazo de presentación de instancias: 8 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados na páxina web e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia a quen a solicite.




Comments