Skip to main content

Novas ofertas de emprego para persoas con discapacidade en Santiago e comarca

A Xunta de Galicia, a través da rede de colaboración con entidades de emprego e inclusión laboral, informa da publicación de novas ofertas de traballo dirixidas prioritariamente a persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % en Santiago de Compostela e diferentes localidades da contorna.

As vacantes pertencen a sectores como limpeza, atención ao cliente, comercio, seguridade, administración, hostalaría, lavandería industrial, loxística ou asistencia en eventos, con incorporacións inmediatas e diferentes modalidades de xornada.

Entre os postos ofertados destacan:

  • Persoal de conserxería e asistencia de eventos en Santiago.
  • Limpador/a para entidades públicas.
  • Dependente/a de comercio e gran almacén.
  • Teleoperador/a de concertación de chamadas.
  • Administrativo/a de xestión de incidencias.
  • Auxiliar de limpeza e lavandería.
  • Cociñeiro/a para substitución de verán en Cee.
  • Vixilante de seguridade en Santiago e Vilagarcía.
  • Condutor/a de camión con carné C + CAP.
  • Operario/a de manipulado en Padrón.
  • Persoal de limpeza hospitalaria e oficinas.
  • Lavacoches a media e completa xornada.

As ofertas inclúen contratos indefinidos, temporais e de reforzo, con xornadas parciais e completas, e en varios casos non se require experiencia previa, valorándose especialmente a motivación, a capacidade de traballo en equipo e a atención ao público.

As persoas interesadas deben:

  • Estar inscritas como demandantes de emprego (DARDE).
  • Figurar como candidatas en Por Talento.

Para anotarse nas ofertas no caso de non estar rexistradas na plataforma, está dispoñible o teléfono 981 55 44 83.

Máis información e acceso ás ofertas:

Comments