Skip to main content

A Deputación de Pontevedra convoca seis prazas temporais para impulsar o programa do centenario do Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou a convocatoria para o nomeamento de seis persoas funcionarias interinas sen praza destinadas á execución do programa temporal “Museo de Pontevedra. Un século ao servizo do público (1927-2029)”, unha iniciativa que busca conmemorar o centenario da institución museística cun amplo programa cultural, científico e divulgativo.

A convocatoria inclúe os seguintes postos:

  • Técnico/a do Programa de Investigación do Centenario (A1)
  • Técnico/a en Conservación de Bens Culturais (A1)
  • Técnico/a en Difusión Cultural e Comunicación (A2)
  • Técnico/a medio/a Conservador/a (A2)
  • Restaurador/a de Bens Culturais (A2)
  • Administrativo/a de Xestión de Datos e Documentación (C1)

As persoas seleccionadas participarán en tarefas relacionadas coa investigación, conservación, restauración, comunicación cultural, organización de exposicións, documentación e difusión das actividades do centenario do Museo de Pontevedra.

O programa contempla accións como a creación dunha identidade gráfica e narrativa específica, actividades divulgativas e educativas, produción de contidos dixitais, coordinación de publicacións e reforzo da proxección pública do museo a nivel local, autonómico, estatal e internacional.

O sistema de selección será mediante oposición libre e o prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

As retribucións mensuais brutas serán de:

  • Grupo A1: 3.423,28 euros
  • Grupo A2: 2.958,90 euros
  • Grupo C1: 2.414,74 euros

As bases completas da convocatoria inclúen os requisitos específicos de titulación, temarios e características das probas para cada un dos postos ofertados.

Comments