O Concello da Peroxa convoca unha praza temporal de técnico/a de turismo e crea unha bolsa de emprego
O Concello da Peroxa aprobou a convocatoria e as bases para a selección laboral temporal dun/dunha técnico/a de turismo, así como para a creación dunha bolsa de emprego destinada a futuras contratacións.
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro do Concello da Peroxa, en horario de 8:30 a 14:30 horas, ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente, durante o prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
As bases da convocatoria e os requisitos de participación poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal.




Comments