Skip to main content

Sete prazas de Socorristas acuáticos para desempregados de longa duración no Concello de Miño

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria para a selección e posterior contratación laboral temporal polo concello de Miño de SETE (7) persoas desempregadas na categoría profesional de SOCORRISTA ACUÁTICO no marco da axuda da que este concello resultou beneficiario por importe total de 17.100,00 euros (Resolución de concesión de data 04.05.2026 asinada polo director xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) en execución das convocadas pola citada Concellería (DOG nº 81 do 04.05.2026) mediante a Orde do 13 de xaneiro de 2026.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de instancias será de CINCO (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/22/2026_0000003268.html

Comments