Skip to main content

O Concello de Baralla abre a convocatoria para contratar un arquiveiro interino durante catro meses

O Concello de Baralla aprobou as bases específicas para a contratación dun arquiveiro ou arquiveira en réxime de funcionario interino a xornada completa durante un período de catro meses.

A convocatoria foi aprobada mediante resolución da Alcaldía do 21 de maio de 2026 e o proceso selectivo estará exento do pagamento de taxas.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As persoas interesadas poden consultar toda a información relativa ás bases da convocatoria no taboleiro de anuncios municipal e na sede electrónica do Concello de Baralla.

Comments