Skip to main content

Chandrexa de Queixa convoca tres prazas de peón/a de servizos múltiples mediante concurso de méritos

O Concello de Chandrexa de Queixa abriu o proceso de selección para a contratación de persoal laboral temporal destinado a cubrir tres postos de peón/a de servizos múltiples.

A convocatoria realizarase mediante o sistema de concurso de méritos e as contratacións efectuaranse baixo a modalidade de contrato laboral temporal.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As persoas interesadas poden consultar as bases completas do proceso selectivo na sede electrónica do Concello de Chandrexa de Queixa

Comments