Skip to main content
enerxía eléctrica e de gas

Subvencións para o pago de subministracións enerxéticas no Concello de Carballo

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas de tipo social destinadas a axudar ás familias máis vulnerables e/ou en risco de exclusión social do Concello de Carballo a facer fronte ao pago de subministracións enerxéticas (electricidade e gas).

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia a través da BDNS.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/27/2026_0000003276.html

Comments