Skip to main content

O Concello de Guitiriz convoca unha praza de auxiliar administrativo/a interino/a por 9 meses

O Concello de Guitiriz publicou no BOP de Lugo a convocatoria e bases reguladoras para cubrir unha praza de auxiliar administrativo/a como funcionario/a interino/a ao abeiro do “Programa Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026”.

Características da praza

  • 1 praza de auxiliar administrativo/a.
  • Nomeamento como funcionario/a interino/a por programa temporal.
  • Duración: 9 meses.
  • Subgrupo C2.
  • Xornada completa.
  • Complemento de destino nivel 14 e complemento específico de 298,94 euros.

Funcións principais

Entre as tarefas do posto destacan:

  • Atención ao público presencial e telefónica.
  • Rexistro e tramitación de documentación.
  • Xestión de expedientes administrativos.
  • Publicación de anuncios e edictos.
  • Introdución de datos e manexo de aplicacións informáticas municipais.
  • Notificacións, comunicacións e control de prazos.

Requisitos das persoas aspirantes

As persoas interesadas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos 16 anos.
  • Estar en posesión do título de ESO, Graduado Escolar ou equivalente.
  • Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego.
  • Posuír a capacidade funcional para o posto.
  • Non estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

Sistema de selección

O proceso selectivo será mediante oposición libre e constará de:

  • Proba teórica tipo test.
  • Proba práctica relacionada co posto.
  • Proba de galego para quen non acredite Celga 3.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Lugo.

Presentación de instancias

As solicitudes poderán presentarse:

  • Na sede electrónica do Concello de Guitiriz.
  • No Rexistro Xeral municipal.
  • Nos lugares habilitados pola Lei 39/2015.

Bolsa de emprego

A convocatoria tamén permitirá crear unha bolsa de emprego temporal para cubrir substitucións e necesidades vinculadas ao programa Reforzo do Emprego 2026.

Máis información:

Comments