Skip to main content

Bolsa provincial para Arquitectos Técnicos da Deputación da Coruña

O obxecto destas bases é a regulación da elaboración dunha listaxe para a cobertura interina de prazas de arquitecto/a técnico/a en calquera concello da provincia da Coruña con poboación inferior a vinte mil (20.000) habitantes que así o solicite, cando por razóns de necesidade ou urxencia sexa preciso o nomeamento de persoal funcionario interino, de acordo coas circunstancias recollidas para estes supostos na lexislación vixente.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/28/2026_0000003130.html

Comments