Subvencións a entidades deportivas para o desenvolvemento de proxectos xerais no Concello de Carballo
A presente convocatoria de subvencións ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas destinadas a entidades de carácter deportivo sen ánimo de lucro para a xestión da participación ordinaria en competicións federadas ou análogas, e as actividades deportivas ordinarias e de tempada competitivas e formativas de carácter non federado.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte á publicación do extracto das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da BDNS.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/28/2026_0000003437.html




Comments