Skip to main content
ludoteca

Bases do servizo para a Aula Lúdica no Concello de Coristanco

Os principais obxectivos son: facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, favorecer a convivencia escolar entre os distintos membros da comunidade educativa e en relación á contorna escolar, ampliar o ofrecemento de servizos ao alumnado e ás familias, organizando actividades complementarias e extraescolares, antes do comezo das actividades lectivas, aproveitar a infraestrutura escolar para favorecer o uso dos centros escolares e utilizar os recursos da contorna proporcionados por outras Administracións públicas como apoio ao proxecto.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

Fíxase un prazo de renuncias de 10 días hábiles, dende o día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/28/2026_0000003407.html

Comments