Bases para as actividades extraescolares no Concello de Coristanco
Os obxectivos principais son: facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, favorecer a convivencia escolar entre os distintos membros da comunidade educativa e en relación á contorna escolar, ampliar o ofrecemento de servizos ao alumnado e ás familias, organizando actividades complementarias e extraescolares, despois das actividades lectivas, aproveitar a infraestrutura escolar para favorecer o uso dos centros escolares e utilizar os recursos da contorna proporcionados por outras Administracións públicas como apoio ao proxecto.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
Fixase un prazo de preinscrición dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP ao mércores 10 de xuño de 2026.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/28/2026_0000003408.html




Comments