Bolsa de emprego de operario de augas na entidade particulara SUMARTE no Concello de Arteixo
A presente convocatoria pública ten por obxecto regular a constitución dunha bolsa de emprego para a cobertura de posibles vacantes temporais da substitución dun traballador/a con posto de OPERARIO/a DE AUGAS ao servizo de SUMARTE con dereito á reserva do seu posto de traballo, vacacións, incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, inclusive por adopción e ou preadopción nacional ou internacional, o resto de permisos establecidos no convenio colectivo vixente, postos temporalmente vacantes ou outras necesidades inaprazables e urxentes que puidesen concorrer para garantir o adecuado desempeño e funcionamento dos servizos encomendados a SUMARTE.
As condicións para inscribirse poden ser consuitadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de inscrición é de de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña da convocatoria.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/28/2026_0000003398.html




Comments