O Concello da Ribeira de Piquín abre unha nova convocatoria para cubrir unha praza de monitor/a forestal no Obradoiro de Emprego “O Castro XI”
O Concello da A Ribeira de Piquín publicou unha nova convocatoria para a selección dun/dunha monitor/a forestal destinado/a ao Obradoiro de Emprego “O Castro XI”.
A decisión prodúcese despois de que a praza quedase deserta na convocatoria anterior, segundo recolle a resolución da Alcaldía con data do 26 de maio de 2026.
O posto ofertado será a xornada completa (100%) e terá unha duración de nove meses, dentro do programa mixto de emprego e formación impulsado polo obradoiro.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días naturais para presentar as solicitudes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As solicitudes deberán dirixirse á Alcaldía e presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal e tamén nas oficinas do Concello.




Comments