Skip to main content
comedor escolar

Axudas a comedores escolares no Concello de Oleiros

A Ordenanza de Medidas pola Inclusión Social do Concello de Oleiros, publicada no BOP 91 do 24/10/2024, regula no seu título IV a prestación de apoio ao comedor escolar e recolle que haberá un prazo ordinario de solicitude no mes de xuño anterior ao inicio do curso escolar, que se iniciará o primeiro día hábil e finalizará o último día hábil dese mes de xuño.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

Polo tanto, de acordo ao recollido na dita ordenanza, anúnciase a apertura do prazo do 1 ao 30 de xuño para a convocatoria ordinaria de solicitudes da prestación de apoio a comedor escolar do Concello de Oleiros para o curso 2026/2027.  

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/29/2026_0000003460.html

Comments