Burela convoca tres prazas de socorrista para reforzar o servizo de salvamento nas praias durante a campaña estival
O Concello de Burela abriu o proceso selectivo para a contratación de tres socorristas como funcionarios/as interinos/as ao abeiro do programa “Reforzo do Emprego 2026”, integrado no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos. A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e contempla a cobertura temporal destes postos para reforzar o servizo de vixilancia, salvamento e primeiros auxilios nas praias do municipio.
Datos da convocatoria
- Postos ofertados: 3 socorristas.
- Réxime xurídico: funcionario/a interino/a.
- Grupo profesional: C2.
- Duración do nomeamento: 3 meses.
- Xornada: completa.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
Funcións principais
As persoas seleccionadas desenvolverán labores de:
- Socorrismo e salvamento acuático.
- Vixilancia e ordenación das zonas de baño.
- Atención ás persoas usuarias das praias.
- Prestación de primeiros auxilios.
- Colocación e retirada da sinalización e bandeiras de seguridade.
- Elaboración de partes de incidencias e seguimento do servizo.
Presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será de sete días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP de Lugo. As instancias poderán presentarse de forma presencial ou telemática a través da sede electrónica municipal.




Comments