Skip to main content
INVESTIGACION MARINA

Bolsas de Formación en Investigación Mariña_2026

A Consellería do Mar ven de publicar as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas para completar a formación de Técnicos/as Superiores de Ciclos Formativos de Grao Superior ou Técnicos/as de Ciclos Formativos de Grao Medio como persoal auxiliar de investigación mariña, así como convocar seis bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para os anos 2026, 2027 e 2028 (código de procedemento administrativo PE609B).

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar en posesión do título de Técnico/a Superior dos Ciclos Formativos de Grao Superior o de Técnico/a dos Ciclos Formativos de Grao Medio dalgunha das especialidades que se relacionan:

a) Familia Profesional: Química. Nivel: formación profesional de grao medio. Título: Técnico/a en Operacións de Laboratorio.

b) Familia profesional: Química. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Laboratorio de Análise e de Control de Calidade.

c) Familia profesional: Sanidade. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.

d) Familia profesional: Marítimo-pesqueira. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Acuicultura.

As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a esta titulación no ano 2017 ou posterior.

 Características das bolsas

1. O número de bolsas será de seis.

2. As bolsas terán unha duración de dous anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión e sen posibilidade de prórroga.

3. As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia en Vilanova de Arousa ou en Ribadeo e distribuiranse do seguinte xeito:
 

cadromarina

Prazo de presentación de solicitudes: do 4 de xuño ao 6 de xullo de 2026.

Máis información:   DOG DO 03/06/2026
 

   DOG DE 03/06/2026

Comments