O Concello de Maside convoca cinco prazas temporais para unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais
O Concello de Maside publicou a convocatoria para a contratación temporal de persoal destinado á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais ao abeiro do convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural.
Os postos ofertados son:
- 1 xefe/a de brigada.
- 1 peón/oa condutor/a de brigada.
- 3 peóns/peoas de brigada.
A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, segundo as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía núm. 2026-0343, do 4 de xuño de 2026.
Características da contratación:
- Modalidade: contrato laboral de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos.
- Duración do contrato: 3 meses.
As persoas interesadas poderán obter as bases da convocatoria nas oficinas municipais e na sede electrónica do Concello de Maside.
Prazo de solicitude: 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).




Comments