O Concello de Pedrafita do Cebreiro convoca postos temporais de oficial de primeira-condutor e peóns ao abeiro do Plan de Humanización
O Concello de Pedrafita do Cebreiro publicou a convocatoria para a selección de persoal mediante nomeamento como funcionario interino na modalidade de programa específico con cargo ao Plan de Humanización do Concello.
Os postos convocados son:
- Oficial de primeira de oficios – condutor.
- Peóns.
A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro ou a través de calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de presentar a solicitude fóra do Rexistro Xeral do Concello, deberá adiantarse por fax antes da finalización do prazo establecido para que poida ser admitida.
As bases da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.
Prazo de solicitude: 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).




Comments