Bolsas para deportistas no Concello de Muros
O obxecto deste programa é apoiar a práctica e o rendemento deportivo, fomentando o perfeccionamento técnico dos deportistas e facilitando a súa participación en eventos deportivos oficiais.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data de publicación da convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/10/2026_0000003846.html




Comments