Skip to main content

Praza de Técnico de servizos económicos no Concello de Arteixo

É obxecto do presente a convocatoria a regulación do procedemento de provisión temporal mediante comisión de servizos do posto de Técnica/o de Servizos Económicos (TAX Servizos Económicos - Intervención) incluído na relación de postos de traballo actualmente en vigor do Concello de Arteixo (BOP da Coruña de 04/03/2026), o cal está vacante e que polo tanto, pode proveerse excepcionalmente e de maneira temporal mediante comisión de servizos voluntaria, durante un período temporal de 12 meses, prorrogable ata o máximo temporal de 2 anos dende a toma de posesión e, supeditando en calquera caso tal temporalidade máxima, á provisión en propiedade do posto, de conformidade co establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia e artigo 64.3 do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se regula o ingreso e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, de aplicación aos funcionarios da Administración Local de acordo co establecido no artigo 168 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Arteixo. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes, será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria e das bases no BOP da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/11/2026_0000003860.html

Comments