Skip to main content

O Concello de Baltar convoca dúas prazas de monitor/a de tempo libre para piscina e dinamización

O Concello de Baltar convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dúas persoas como monitores/as de tempo libre para a piscina e actividades de dinamización.

Características da convocatoria:

  • Postos ofertados: 2 monitores/as de tempo libre para piscina e dinamización.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
  • Duración do contrato: 4 meses.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.

Presentación de solicitudes:
As persoas interesadas poderán presentar as súas instancias no Rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

O prazo de presentación será de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense.

Máis información:
As bases completas da convocatoria están dispoñibles no Concello de Baltar e na súa sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal.

Comments