Skip to main content

Ofertas de emprego destinadas a persoas con discapacidade

Portalento, acaba de lanzar unha ampla batería de ofertas de traballo dirixidas exclusivamente a persoas que conten cun certificado de discapacidade igual o superior ao 33% ou equivalente.

As vacantes abranguen sectores como a administración, o comercio, a hostalería e, maioritariamente, servizos de limpeza técnica e industrial en diversas localidades galegas.

REQUISITOS XERAIS OBRIGATORIOS:

  • Estar inscrito/a como demandante de emprego (DARDE) na oficina de emprego correspondente.

  • Estar rexistrado/a como candidato/a na plataforma www.portalento.es.

  • Se non estás rexistrado/a en Portalento, podes anotarte chamando ao teléfono: 981 55 44 83.

 

1. Oficiais Administrativos/as - Apoio xestión | Santiago de Compostela (Ref. 221206)

  • Requisitos: Polo menos 1 ano de experiencia e/ou FP2 Administrativo, certificación B2 de lingua galega.

  • Prazo de inscrición: Ata o 17/06/2026.

  • Inscrición: É necesario chamar á oficina para tramitala correctamente en tempo e forma.

  • Ligazón directa á oferta

2. Limpador/a industrial quenda de noite | O Grove (Ref. 221272)

  • Postos dispoñibles: 2 vacantes.

  • Condicións: Xornada de 35 horas/semana. Horario de 23:30 a 06:30 h de luns a venres (ocasionalmente algún sábado con previo aviso e un día libre semanal).

  • Salario: 1.634 € brutos/mes (en 12 pagas). Incorporación inmediata.

  • Funcións: Limpeza con químicos, Karcher e hidrolimpadora.

  • Perfil: Vehículo propio imprescindible. Persoas dinámicas, polivalentes e con capacidade de aprendizaxe. Valorase experiencia previa.

  • Ligazón directa á oferta

3. Limpador/a industrial quenda de noite | Barbanza (Ref. 221271)

  • Postos dispoñibles: 1 posto en Ribeira e 2 postos en Boiro.

  • Condicións: Xornada completa. Horario de 23:30 a 06:30 h de luns a venres (+ dous domingos ao mes exclusivamente en Ribeira).

  • Salario: 1.634 € brutos/mes (12 pagas). Incorporación inmediata.

  • Perfil: Vehículo propio imprescindible. Carácter dinámico e polivalente. Moi valorable experiencia en sector industrial.

  • Ligazón directa á oferta

4. Limpador/a industrial quenda de noite | Vilagarcía (Ref. 221277)

  • Postos dispoñibles: 3 vacantes.

  • Localización: Porto de Vilagarcía de Arousa.

  • Condicións: Xornada de 30 horas/semana. Horario de 00:00 a 05:00 h de luns a venres + sábados.

  • Salario: 1.448 € brutos/mes (12 pagas). Incorporación inmediata.

  • Perfil: Residencia en Vilagarcía ou arredores. Manexo de químicos, Karcher e hidrolimpadora.

  • Ligazón directa á oferta

5. Auxiliares de Limpeza - Aeroporto de Santiago de Compostela (Ref. 221254)

  • Postos dispoñibles: 2 vacantes.

  • Condicións: 12 horas/semana (distribuidas en 4 horas cada día). Contrato temporal por interinidade (baixa médica). Incorporación inmediata.

  • Horario nocturno: Mércores, venres e domingos, entre as 02:00 e as 08:00 h.

  • Salario: 633,39 € brutos/mes.

  • Requisito crítico: Imprescindible coche de seu (non hai servizo de autobús público nestas franxas horarias).

  • Ligazón directa á oferta

6. Axudante de cociña - Aeroporto de Santiago de Compostela (Ref. 221253)

  • Postos dispoñibles: 2 vacantes.

  • Condicións: 12 horas/semana. Contrato temporal ata 3 meses con posibilidade de continuidade. Incorporación inmediata.

  • Horario nocturno: Venres, sábados e domingos, entre as 02:00 e as 08:00 h.

  • Salario: 587,76 € brutos/mes.

  • Requisito crítico: Imprescindible coche de seu (non hai conexión de autobús nese horario).

  • Ligazón directa á oferta

7. Limpador/a - Albergue Arca (Ref. 221101)

  • Condicións: 14 horas/semana de luns a domingo (flexible, a traballar só 3 días á semana). Quenda sempre de mañás (finalizando estritamente ás 13:00 h).

  • Características: Traballo de reforzo de verán. Posibilidade de promoción posterior a albergueiro/a por substitucións na zona (aumentando xornada).

  • Nota técnica: Transporte público inexistente ou moi infrecuente.

  • Ligazón directa á oferta

8. Operario/a de limpeza | Santiago de Compostela (Ref. 221217)

  • Localización: Polígono do Tambre.

  • Condicións: Horario de mañás (07:00 a 15:00 h) de martes a sábado. Contrato por interinidade. Incorporación inmediata.

  • Salario: 17.000 € brutos/ano (en 12 pagas).

  • Funcións: Limpeza de fábrica (instalación nova), oficinas, despachos e zonas comúns. Manexo de mopa, fregonas e fregadora industrial de empurrar.

  • Perfil: Mínimo 1 ano de experiencia. Procura de autonomía e proactividade no posto.

  • Ligazón directa á oferta

9. Dependente/a tenda - Mercería | Bertamiráns (Ref. 221232)

  • Posto: Nova apertura dunha mercería en setembro (entrevistas en curso).

  • Condicións: Media xornada con contrato estable (inicialmente temporal, convertible en indefinido segundo valía). Horario de 4h/día en quendas rotativas semanais: mañás (10:00-14:00) ou tardes (16:30-20:30). Posibilidade de ampliación a xornada completa.

  • Salario: 850 € brutos/mes por media xornada.

  • Perfil: Non se require experiencia previa (formación a cargo da empresa). Precísase don de xentes, paciencia, capacidade de venda e motivación.

  • Ligazón directa á oferta

10. Persoal de limpeza | Centro de Santiago (Ref. 220750)

  • Condicións: Contrato de substitución por vacacións dende o 18 de xuño ata o 23 de agosto (con opcións de continuidade ata novembro). Xornada completa de luns a sábado (posibilidade de domingos/festivos de apertura con aviso previo). Quendas pendentes de concretar (mañás ou tardes).

  • Salario: 1.576 € brutos/mes (12 pagas). Valorase experiencia.

  • Selección: Entrevista telefónica previa + entrevista presencial.

  • Ligazón directa á oferta

11. Auxiliar administrativo/a | Boiro (Ref. 220477)

  • Funcións: Xestión documental, soporte administrativo e atención presencial/telefónica ao público.

  • Condicións: Contrato estable (temporal inicial con pase a indefinido). Posto moi dinámico.

  • Horario: Luns a xoves de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 h; venres de 08:30 a 15:00 h.

  • Salario: Entre 19.000 € e 20.000 € brutos/ano.

  • Ligazón directa á oferta

12. Limpador/a en entidades públicas | Santiago de Compostela (Ref. 219468)

  • Condicións: Unhas 24 horas semanais de luns a sábado. Quendas partidas: de 06:00/07:00 a 08:00/09:00 h e unhas dúas horas ao mediodía (14:00-16:00 h). Posibilidade de optar por quenda de tarde de luns a venres. Incorporación inmediata.

  • Requisitos: Situación de desemprego total. Valorase moito dispor de carné e vehículo propio.

  • Ligazón directa á oferta

13. Auxiliar Limpeza-Lavandaría | Santiago - San Lázaro (Ref. 219558)

  • Condicións: Contrato indefinido con incorporación inmediata. Xornada completa de 08:00 a 16:00 h de luns a domingo (con dous descansos rotativos).

  • Salario: 18.063 € brutos/ano.

  • Funcións: Retirada e procesado de roupa de cama e uniformes en lavandaría propia (uso de lavadoras/secadoras industriais), movemento de gaiolas con rodas e pequenas tarefas básicas de mantemento.

  • Perfil: Capacidade física para traballar de pé e cargar/empuxar pesos.

  • Ligazón directa á oferta

14. Vixilante de Seguridade | Santiago de Compostela (Ref. 215266)

  • Condicións: Contrato indefinido e estable. Xornada completa con quendas rotativas variables segundo cuadrante anual/mensual (Mañá-Tarde-Noite). Incorporación inmediata.

  • Exemplo de rotación: Día 1 de 09:30-14:30 e 15:30-23:30 h; Día 2 de 08:00 a 11:00 h. Quendas nocturnas máis adiante.

  • Ligazón directa á oferta

15. Operario/a de manipulado | Padrón (Ref. 214605)

  • Postos dispoñibles: 2 vacantes.

  • Condicións: Quendas rotativas semanais fixas (unha semana de mañá de 07:00 a 15:00 h, a seguinte de tarde de 14:00 a 22:00 h). Salario segundo o SMI (14 pagas).

  • Funcións: Traballo en liña de fábrica (sentado ou de pé) realizando tarefas repetitivas de manipulación: embolsado, termoselado, colado, montaxe de herraxes e bisagras. Requírese un ritmo alto de produtividade.

  • Perfil: Motivación e ganas de traballar. Preferible coche para o desprazamento.

  • Ligazón directa á oferta

16. Lavacoaches (Media xornada) | Santiago de Compostela (Ref. 216086)

  • Perfil: Carné de conducir indispensable e condución áxil/eficiente. Valorase experiencia previa.

  • Funcións: Lavado de automóbiles en túnel, aspirado de interiores, limpeza de paneis, taboleiros e recollida de residuos.

  • Ligazón directa á oferta

17. Lavacoaches (Xornada completa) | Santiago de Compostela (Ref. 216088)

  • Perfil: Carné de conducir indispensable e condución áxil/eficiente. Valorase experiencia previa.

  • Funcións: Lavado integral en túnel, aspirado profundo de asentos, portas e taboleiros, e xestión de residuos.

  • Ligazón directa á oferta

18. Dependente/a gran almacén | Santiago - As Cancelas (Ref. 215880)

  • Condicións: Empresa ordinaria. Contrato inicial de 1 ano con posibilidades reais de estabilidade. Xornada de ata 25 horas semanais, arrincando en quenda de tardes (franxa horaria de 13:30 a 22:30 h de luns a domingo). O salario base proporcional tratarase na entrevista (referencia completa: ~1.400 €/B en 12 pagas).

  • Funcións: Perfil polivalente: atención comercial, reposición, cobro en caixa (TPV) e control de stock de xeito áxil mediante tablet.

  • Requisitos físicos: Traballo 100% de pé, arrastre e empurre de burros ou carros cargados de roupa, e boa motricidade fina para dobrar e ordenar pezas. Requírese alta tolerancia á frustración.

  • Ligazón directa á oferta

19. Outras ofertas de limpeza dispoñibles en Santiago:

Comments