Skip to main content
lgtbi

Subvencións para actividades sobre a igualdade de homes e mulleres e do colectivo LGTBIQA+ no Concello de Santiago de Compostela

A presente convocatoria ten por obxecto subvencionar programas e actividades dirixidos a promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes, a igualdade de trato e dereitos das persoas LGBTIQ+ e a prevención e erradicación das violencias machistas.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/17/2026_0000004019.html

Comments