OEP 2026 no Concello da Coruña
O concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 11 de xuño de 2026, adoptou a seguinte resolución:
Primeiro.- Ordenar a publicación no BOP e na páxina web do Concello da Coruña (https://www.coruna.gal) da Oferta de emprego público do Concello da Coruña para o ano 2026 que figura na seguinte táboa aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local, adoptado na sesión celebrada o 20 de maio de 2026:
As condicións e o prazo de presentación de instancias publicaranse nas sucesivas convocatorias no BOP-
Segundo.- Ordenar a aprobación das bases específicas e as convocatorias dos procesos selectivos para a cobertura das prazas incluídas na OEP do Concello da Coruña para o ano 2026, a fin de cumprir coa execución desta Oferta de emprego público no prazo máximo de 3 anos previsto no artigo 70 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, así como no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/19/2026_0000004068.html




Comments