O Concello de Parada de Sil convoca unha bolsa de emprego de informador/a turístico/a
O Concello de Parada de Sil aprobou as bases reguladoras e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego de informador/a turístico/a.
A convocatoria foi aprobada mediante o Decreto da Alcaldía 2026-0202, do 16 de xuño de 2026.
Prazo de presentación de solicitudes
- Cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Máis información
- O texto íntegro das bases reguladoras pode consultarse no taboleiro de anuncios e na Sede Electrónica do Concello de Parada de Sil.
Ligazón de consulta
Entidade convocante
- Concello de Parada de Sil.




Comments