Skip to main content

Ramirás convoca a selección de persoal da Brigada contra Incendios 2026

O Concello de Ramirás abre o proceso de selección de persoal para a Brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais correspondente ao ano 2026.

Postos ofertados

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 1 peón/oa condutor/a.
  • 3 peóns/as.

Bolsa de traballo

A convocatoria inclúe tamén a creación dunha bolsa de traballo para futuras necesidades de contratación.

Prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante os cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Bases da convocatoria

As bases foron aprobadas mediante Resolución da Alcaldía do 5 de xuño de 2026 e poden consultarse no Concello de Ramirás e na súa páxina web.

Máis información

As solicitudes deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases reguladoras da convocatoria.

Comments