Skip to main content

Selección de dous/dous socorristas para as piscinas municipais de Mondoñedo

Mondoñedo busca dous socorristas para as piscinas municipais durante a tempada de verán. As contratacións realizaranse en réxime laboral temporal a xornada completa co obxectivo de garantir a seguridade das instalacións.

 

  • Entidade convocante: Concello de Mondoñedo (Lugo).

  • Postos ofertados: 2 socorristas acuáticos.

  • Réxime de contratación: Persoal laboral temporal a xornada completa (de luns a domingo, cos descansos legais).

  • Duración do contrato: 2 meses, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2026.

  • Retribución: 1.750,00 € brutos mensuais (inclúe a parte proporcional das pagas extraordinarias).

  • Sistema de selección: Concurso-oposición (valoración de méritos e proba física específica).

  • Requisitos principais:

    • Ter cumpridos os 16 anos.

    • Estar desempregado/a e inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado/a.

    • Estar inscrito/a no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (sección de Instalacións Acuáticas).

    • Acreditar o coñecemento do idioma galego (Celga 2 ou equivalente, ou superar a proba correspondente).

    • Carecer de antecedentes no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

  • Prazo de presentación: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Núm. 139, do 19 de xuño de 2026).

  • Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo ou a través da súa sede electrónica (https://mondonedo.sedelectronica.gal).

Comments