Skip to main content

Praza de Operario da Empresa Pública de Augas no Concello de Ames

As presentes bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria e proceso selectivo para a incorporación e contratación, por parte da Entidade Pública empresarial Augas de Ames EPEL (en diante Augas de Ames EPEL), entidade pública dependente do Concello de Ames constituída para a xestión directa dos servizos públicos que conforman o Ciclo Integral da Auga (CIA), e en réxime de persoal laboral indefinido.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I das presentes bases, a través do rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Ames, dirixido ao Departamento de Alcaldía (Presidencia da Entidade Pública Empresarial Local Augas de Ames EPEL); ditas solicitudes deberanse presentar dentro do prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/22/2026_0000004135.html

Comments