Skip to main content

Praza de traballador social no Concello dos Pazos de Borbén

As presentes Bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria e proceso selectivo para a provisión en propiedade, mediante o sistema de libre concorrencia e a través do procedemento de concurso-oposición, de  unha (1) praza de traballador/a social no Concello de Pazos de Borbén, como persoal funcionario de carreira, incluida na Oferta de Emprego Público (OEP) correspondente ao exercicio 2025 publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 97 de data 23/05/2025 e Diario Oficial de Galicia n. 114 De data 17/06/2025.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/06/22/2026049399

Comments