Concesión de premios ós mellores estudantes nas PAU no Concello de O Porriño
O obxecto desta convocatoria é a concesión de premios ao alumnado empadroado no Porriño con mellor expediente na #PAU 2026 e que obtivese unha nota igual ou superior a 8,50 puntos na fase xeral (obrigatoria) do devandito exame.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
Establécese un prazo de quince días hábiles para a presentación dos documentos esixidos contado desde o día seguinte ao da publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/06/22/2026049270




Comments