Folgoso do Courel: CONVOCATORIA E BASES PARA A SELECCIÓN DUNHA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS 2026
Mediante Decreto de Alcaldía nº 2025-0182, ditada o día 24/06/2025, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de UNHA brigada de prevención e defensa contra incendios e TRES traballadores para actuacións de vehículo motobomba ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Folgoso do Courel para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, para os seguintes postos:
1 xefe de brigada
1 peón-conductor
3 peóns de brigada
3 conductores de motobomba
Duración dos contrato: tres meses
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 15.00 horas, de luns a venres o por medios electrónicos.
Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas na sede electrónica do Concello de Folgoso do Courel: https://folgosodocourel.sedelectronica.es/info.0




Comments