Skip to main content

O Concello de Vilar de Santos convoca cinco prazas temporais para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

O Concello de Vilar de Santos convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de cinco persoas ao abeiro do convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural.

Datos da convocatoria

  • Número de prazas: 5.
    • 4 peóns/as de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais (3 peóns/as de brigada e 1 peón/a condutor/a).
    • 1 xefe/a de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
  • Modalidade de contratación: laboral temporal.
  • Duración do contrato: 3 meses.
  • Xornada: completa.
  • Sistema de selección: concurso de méritos.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

As bases íntegras da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Vilar de Santos.

Comments