Portalento difunde novas ofertas de emprego en Galicia para persoas con discapacidade
A plataforma Portalento publicou unha nova relación de ofertas de emprego dirixidas a persoas cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente.
Entre os postos ofertados destacan:
- Persoal de limpeza en Santiago de Compostela, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Lalín, Sanxenxo, O Grove, Barbanza e Vilagarcía de Arousa.
- Operarios/as de limpeza industrial e de lavandería.
- Vixiante de seguridade en Santiago de Compostela.
- Operarios/as de manipulado en Padrón.
- Lavacoches en Santiago de Compostela (media e xornada completa).
- Dependente/a para grande superficie en Santiago de Compostela.
As vacantes inclúen contratos temporais e indefinidos, con xornadas completas e parciais, e incorporación inmediata na maioría dos casos.
Requisitos xerais:
- Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente.
- Estar inscrito/a como demandante de emprego (DARDE).
- Estar rexistrado/a como candidato/a en Portalento.
- Nalgunhas ofertas requírense carné de conducir, vehículo propio ou experiencia previa.
As persoas interesadas poden consultar os detalles de cada oferta e inscribirse a través da plataforma Portalento. Quen aínda non estea rexistrado/a pode solicitar información no teléfono 981 55 44 83.




Comments