Premios Extraordinarios de FP Grao Superior
A Consellería de Educación publica as bases reguladoras e procede a convocar os Premios Extraordinarios de Formación Profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2024/25 na Comunidade Autónoma de
Galicia e rematou en 2025. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de Grao Superior (código de procedemento ED311B).
Beneficiarios.
Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2024/25 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2025, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
Premios.
Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación de 1.000 € por premio.
Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de xullo ao 11 de agosto de 2026.
Máis información: DOG DE 10/07/2026




Comments