Skip to main content
consello cultura galega

Bolsas de Colaboración no Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega publica as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

Beneficiarios.

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao en Filoloxía Galega, Galego e Portugués, Lingua e Literatura Galegas, Filoloxía Aplicada Galega e Española, Tradución e Interpretación (con materia A1: Galego) ou titulacións equivalentes, licenciatura ou grao en Biblioteconomía e Documentación, grao en Información e Documentación, grao en Xestión de Información e Documentación Dixital, mestrado oficial en materia de bibliotecas, con independencia da titulación de grao de acceso ao dito mestrado ou titulacións equivalentes; licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou outras titulacións equivalentes e que rematasen os seus estudos no curso académico 2013/14 ou posterior.

Contía das bolsas.

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.250,00 euros mensuais

Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de xullo ao 11 de agosto de 2026.

Máis información: DOG DE 10/07/2027
 

Comments