Skip to main content
asociaciones

Subvencións para entidades sociais sen ánimo de lucro no Concello de Cambados

A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar ás entidades na realización de actuacións cuxos obxectivos sexan a mellora das condicións de vida dos colectivos vulnerables así como corrixir situacións de desvantaxe social.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As entidades interesadas poderán solicitar as subvencións no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/14/2026055085

Comments