Subvencións a festas populares no Concello de Betanzos
O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Betanzos para a “Organización de festas parroquiais” ou populares en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O período para realizar actividades subvencionables é do 6 de decembro de 2025 ao 5 de decembro de 2026.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/21/2026_0000004808.html




Comments