Oposición subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría agronómica
A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia convoca o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría agronómica.
O número de prazas convocadas na escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría agronómica, será de seis (6), das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.
Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciatura ou grao en Enxeñaría Agrónoma ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñería agrónoma.
Prazo de presentación de solicitudes: do 31 de xullo ao 27 de agosto de 2026.
Máis información: DOG DE 30/07/2026




Comments