Skip to main content
turismo

Subvencións para eventos e congresos de turismo no Concello de Vigo

O obxecto da subvención, a que se refiren as presentes bases, é contribuír á dinamización do sector turístico a través da realización eventos e congresos relacionados co Turismo MICE (“Meeting, Incentives, Conferencing y Exhibitions”) con interese turístico desenvolvidos en Vigo, que teñan entre os seus obxectivos a promoción turística, do destino Vigo, durante o ano 2026.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación complementaria correspondente, será de 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, que será comunicado desde a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións, nos termos do art. 30 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das AAPP.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/30/2026058965

Comments