XIV Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández da Eurocidade Cerveira-Tomiño
A Eurocidade Cerveira-Tomiño convoca unha nova edición do XIV Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, unha iniciativa que promove a creación artística e que se celebrará o 16 de agosto de 2026 entre Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira (Portugal).
O certame está aberto á participación de persoas adultas, así como de nenos, nenas e mozos e mozas nas correspondentes categorías infantil e xuvenil.
Persoas destinatarias
- Categoría adulta: persoas maiores de idade.
- Categoría infantil: ata 11 anos.
- Categoría xuvenil: de 12 a 17 anos.
- Os menores deberán participar acompañados por unha persoa adulta responsable.
Premios
A convocatoria conta cunha dotación total de 2.500 euros, distribuída do seguinte xeito:
Categoría adulta
- 1º premio: 1.200 €
- 2º premio: 500 €
- 3º premio: 500 €
- Tres accésits de 100 € cada un.
Categoría infantil
- Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 50 € para a persoa gañadora.
- Diploma e agasallo para o resto das persoas participantes.
Categoría xuvenil
- Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 100 € para a persoa gañadora.
- Diploma e agasallo para o resto das persoas participantes.
Características das obras
As obras deberán realizarse:
- Ao aire libre e do natural.
- Sen empregar fotografías como referencia.
- Empregando técnica e procedemento libres.
- Inspiradas en calquera paisaxe do percorrido establecido entre Goián e Vila Nova de Cerveira.
Cada participante poderá presentar unha única obra.
Inscrición
A inscrición é gratuíta e realizarase exclusivamente en liña a través da páxina web da Eurocidade.
Prazo de inscrición: ata as 14.00 horas do 13 de agosto de 2026, por rigorosa orde de inscrición.
Celebración
- Data: 16 de agosto de 2026.
- Lugar: Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira (Portugal).




Comments