Skip to main content

O Concello de Friol convoca unha praza de administrativo/a como persoal funcionario de carreira

O Concello de Friol convoca un proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo/a da Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa (grupo C1), mediante o sistema de concurso-oposición. A praza está incluída na Oferta de Emprego Público de 2024.

Datos da convocatoria

  • Entidade convocante: Concello de Friol.
  • Posto ofertado: 1 praza de administrativo/a.
  • Réxime xurídico: Persoal funcionario de carreira.
  • Grupo/Subgrupo: C1.
  • Sistema de selección: Concurso-oposición.

Requisitos principais

  • Estar en posesión do título de Bacharelato, Formación Profesional de segundo grao ou equivalente.
  • Acreditar o nivel Celga 4 ou superar a proba de galego prevista nas bases.

Presentación de solicitudes

  • Prazo: 20 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
  • As solicitudes presentaranse segundo o modelo oficial establecido nas bases.

Proceso selectivo

A fase de oposición consta de:

  • Cuestionario tipo test.
  • Suposto práctico.
  • Proba de lingua galega para quen non acredite o Celga 4.

As persoas que superen a oposición accederán á fase de concurso, na que se valorará a experiencia profesional e a formación relacionada co posto.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments