Ribadavia convoca unha praza de profesor/a de violín
O Concello de Ribadavia convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para a contratación laboral temporal dun/dunha profesor/a de violín.
Datos da convocatoria
- Entidade convocante: Concello de Ribadavia
- Posto: 1 profesor/a de violín
- Tipo de contratación: laboral temporal
- Sistema selectivo: concurso
- Aprobación das bases: Alcaldía do Concello de Ribadavia
Prazo de presentación
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes durante o prazo de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Bases da convocatoria
As bases do proceso selectivo están dispoñibles para a súa consulta na páxina web do Concello de Ribadavia e nas oficinas municipais.
https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352201




Comments