Skip to main content

Convocatoria de proceso selectivo para o nomeamento dun/dunha técnico/a de Administración Xeral interino/a en Mugardos

Proceso selectivo para o nomeamento dun/dunha funcionario/a interino/a por acumulación de tarefas vinculadas á contratación pública, con creación dunha bolsa de emprego para futuros nomeamentos.

Posto:

  • Denominación: Técnico/a de Administración Xeral.
  • Escala: Administración Xeral.
  • Subescala: Técnica.
  • Grupo: A, subgrupo A2.
  • Área: Secretaría.
  • Xornada: completa.
  • Nivel de complemento de destino: 21.
  • Complemento específico mensual: 1.235,14 euros, segundo a nómina de xullo de 2026.

Funcións principais:

  • Apoio á Secretaría en materia de asesoramento xurídico en contratación.
  • Redacción e revisión de pregos de licitación.
  • Colaboración na tramitación de expedientes de contratación e na plataforma electrónica de licitación.
  • Seguimento e control da tramitación e execución dos expedientes.

Sistema de selección:
Oposición libre. O proceso consta dunha proba teórico-práctica obrigatoria e eliminatoria, ademais dunha proba de coñecemento da lingua galega para as persoas que non acrediten o CELGA 4 ou equivalente.

Requisitos principais:

  • Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos para nacionais doutros Estados.
  • Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Posuír un título universitario de grao, licenciatura ou equivalente.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado/a para emprego ou cargo público.
  • Acreditar o CELGA 4 ou equivalente, ou superar a correspondente proba de galego.
  • Abonar os dereitos de exame, fixados en 20 euros, agás as persoas exentas.

Proba selectiva:
O exercicio teórico-práctico consistirá nun cuestionario tipo test de 80 preguntas, máis 10 de reserva, con 60 preguntas teóricas e 20 sobre resolución de casos prácticos. O tempo máximo será de 100 minutos e será necesario obter polo menos 50 puntos sobre 100 para superalo.

Bolsa de emprego:
A bolsa ordenarase segundo a puntuación obtida e terá unha vixencia de cinco anos desde a súa publicación. Os chamamentos realizaranse por vía telefónica e mediante publicación da oferta no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

Duración do nomeamento:
O nomeamento interino terá unha duración máxima de nove meses dentro dun período de dezaoito meses.

Prazo de solicitude:
20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Presentación de solicitudes:

  • Rexistro Xeral do Concello de Mugardos.
  • Sede electrónica do Concello.
  • Calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Máis información:
Convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 152, do 12 de agosto de 2026, anuncio nº 2026/5228.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/12/2026_0000005228…

Comments