CURSO DE MONITORADO DE ACTIVIDADES DE TEMPOS LIBRES DA ETL ALTAIR GALIZA
Inclúe aloxamento e alimentación
A Escola de Tempos Libres Altair Galiza convoca unha nova edición do Curso de Monitorado de Actividades de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.
O curso combina formación teórico-práctica, convivios e campamentos, ofrecendo unha experiencia formativa vinculada á educación non formal, os tempos libres educativos e o traballo con infancia e mocidade.
📅 Datas
Inicio do curso: 19 de setembro de 2026
Remate do curso: 10 de xaneiro de 2027
A formación desenvolverase en dúas fases:
-
Fase presencial: do 19 de setembro ao 29 de decembro de 2026 (190 horas).
-
Fase telemática: do 30 de decembro de 2026 ao 10 de xaneiro de 2027 (10 horas), mediante traballo autónomo ao ritmo do alumnado. Esta fase estará destinada á realización da tarefa final e á valoración do curso.
📍 Lugar de impartición
ETL Altair Galiza
Rúa Home Santo, 29-B
15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Parte da formación desenvolverase en albergues e espazos rurais, en réxime de convivio e campamento.
🎓 Formación
O curso inclúe:
-
200 horas de formación teórico-práctica.
-
150 horas de prácticas en entidades de voluntariado do ámbito do tempo libre.
-
Convivios e campamentos con aloxamento, alimentación e transporte incluídos desde Santiago de Compostela.
-
Seguro de accidentes e responsabilidade civil durante a fase teórico-práctica.
-
Material didáctico.
-
Recursos para o desenvolvemento dos distintos módulos.
-
Participación nas visitas e actividades programadas.
Para obter a titulación oficial será necesario superar as 150 horas de prácticas, unha vez superada a fase teórico-práctica.
Durante esta fase, o alumnado contará co apoio e asesoramento da ETL Altair Galiza para a procura dunha entidade de prácticas, a elaboración da memoria e o seguimento do proceso formativo.
👥 Prazas
Mínimo: 7 persoas
Máximo: 25 persoas
💶 Matrícula
A matrícula inclúe a fase teórico-práctica e a fase de prácticas, agás a taxa de expedición do título.
-
345 € como cota xeral de matrícula.
-
295 € por persoa para as persoas que se matriculen conxuntamente con outra persoa, aplicándose un desconto de 50 € sobre a cota xeral.
-
75 € para as persoas que accedan á matrícula subvencionada vinculada ao programa de voluntariado de Altair Galiza.
🌟 Matrícula subvencionada de 75 € para voluntariado
As persoas interesadas en realizar voluntariado educativo no ámbito do tempo libre e incorporarse ao equipo de voluntariado de Altair Galiza poderán optar á matrícula subvencionada de 75 €.
Para acceder a esta modalidade será necesario:
-
Formalizar un compromiso de incorporación como persoa voluntaria da Asociación Altair Galiza.
-
Cumprir posteriormente o compromiso de voluntariado establecido.
As persoas interesadas poderán solicitar esta modalidade en calquera momento do proceso de matrícula e formación, incluso despois de ter formalizado inicialmente a matrícula pola cota xeral.
Se a candidatura resulta favorable e se formaliza e cumpre o correspondente compromiso de voluntariado, a Asociación Altair Galiza procederá á devolución da parte do importe da matrícula que exceda dos 75 € correspondentes á cota subvencionada.
As persoas interesadas nesta modalidade poden cubrir o seguinte formulario de selección de voluntariado:
Formulario de selección de voluntariado: https://forms.gle/xDmNZoBqe4SaRGZm8
Máis información sobre o curso, o proceso de matrícula e as condicións para acceder á matrícula subvencionada: https://altair.gal/
📢 Solicita admisión
As persoas interesadas poden solicitar a súa admisión a través do seguinte formulario:
https://forms.gle/9BgQUsnDTXedjHCs5
📧 Máis información
info@altair.gal
633 336 256
https://altair.gal/
O Curso de Monitorado de Actividades de Tempo Libre da ETL Altair Galiza ofrece unha oportunidade de formación especializada para mozas e mozos interesados na educación, os tempos libres educativos, o voluntariado e o traballo con infancia e mocidade.




Comments