Axudas para material e equipamento escolar no Concello de Meaño para o curso 2026/2027
O Concello de Meaño convoca axudas municipais para a adquisición de material e equipamento escolar destinadas ao alumnado empadroado no municipio e matriculado en centros docentes públicos durante o curso 2026/2027. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de setembro de 2026.
Persoas destinatarias
Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar empadroado e residir efectivamente no Concello de Meaño.
- Estar matriculado ou ter reserva de matrícula nun centro docente público no curso 2026/2027.
- Ter menos de 18 anos a 31 de decembro de 2026.
- Pertencer a unha unidade familiar con dificultades socioeconómicas.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.500 euros.
- Cumprir os requisitos relativos á titularidade de vehículos e bens inmobles establecidos nas bases.
Modalidades
As axudas distribúense en dúas liñas:
- Liña 1: alumnado de educación infantil (2º ciclo), educación primaria e educación especial.
- Liña 2: alumnado de educación secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial.
Contía das axudas
A contía dependerá da renda per cápita familiar:
Familias monoparentais
- Ata 3.500 €: 90 €.
- De 3.501 € a 6.500 €: 70 €.
Resto de familias
- Ata 3.200 €: 80 €.
- De 3.201 € a 6.500 €: 60 €.
O Concello destina un crédito máximo de 4.000 euros, distribuído inicialmente entre as dúas liñas, con 3.000 euros para infantil, primaria e educación especial e 1.000 euros para ESO, FP básica e educación especial.
Gastos subvencionables
As axudas poderán destinarse, entre outros, á adquisición de:
- Libros escolares e dicionarios.
- Libros de lectura necesarios durante o curso.
- Material funxible: cadernos, bolígrafos, lapis, cores, rotuladores, carpetas, material de debuxo, etc.
- Mochilas, estoxos e neceseres.
- Vestiario básico: chándal, mandilón, calcetíns e zapatillas de deporte.
- Material específico para alumnado con necesidades educativas especiais.
- Material informático.
Serán subvencionables as compras realizadas e pagadas desde o 1 de xullo de 2026 ata a finalización do prazo de xustificación.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán ser presentadas polos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado:
- No Rexistro Xeral do Concello de Meaño.
- Na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
O prazo estará aberto ata o 18 de setembro de 2026.
Xustificación
As persoas beneficiarias deberán xustificar os gastos realizados. O prazo de presentación da xustificación remata o 30 de outubro de 2026.
A xustificación deberá incluír, entre outra documentación, a conta xustificativa, as facturas e a acreditación do pagamento.
Entidade convocante: Concello de Meaño
Curso: 2026/2027
Prazo de solicitude: ata o 18 de setembro de 2026
Prazo de xustificación: ata o 30 de outubro de 2026
Dotación máxima: 4.000 €
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/08/14/2026062638




Comments