Skip to main content
concertos

Wake up! SdC

29 Agosto / 18:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Trala súa cita en Vigo durante a Semana Santa e en xuño en Santiago de Compostela co seu evento de gran formato, o festival que leva a música electrónica a diferentes puntos da comunidade regresa á Cidade da Cultura o 29 de agosto co apoio dos Concertos do Xacobeo.

Nesta ocasión, Wake Up! reunirá tres destacados nomes da escena electrónica internacional: o recoñecido dúo estadounidense The Martinez Brothers, referentes mundiais do house e o tech-house; Paco Osuna, unha das figuras máis influentes do techno e tech-house español; e o británico Ben Sterling, un dos artistas emerxentes máis destacados do panorama actual, coñecido polo seu son fresco e a súa presenza habitual nos principais clubs e festivais europeos.

 

https://concertosdoxacobeo.gal/evento/wake-up-sdc-2/

Comments