Skip to main content
arteficial

Festival Arteficial

O histórico e pintoresco concello de Ribadavia prepárase para acoller a vixésima edición do singular festival ARTEFICIAL, que terá lugar os vindeiros días 4 e 5 de setembro de 2026. Con dúas décadas de traxectoria apoiando a cultura, a música alternativa e a sustentabilidade, Arteficial regresa cunha proposta vibrante que encherá de vida as rúas e prazas da vila.

O cartel deste ano, revelado recentemente, salienta pola súa diversidade de xéneros e sons únicos, combinando talento internacional, nacional e galego. Entre os artistas confirmados para facer vibrar ao público atópanse: Basic Partner (Francia), Scúru Fitchádu (Portugal / Cabo Verde / Angola), San La Muerte Cumbia Club (Portugal / Latinoamérica), La Rate Tímide (Norteñas residentes en Madrid), Su Garrido Pombo (Galicia), Peitoescuro (Galicia), Ao (BCN / Ribadavia / Brasil), Dj Ferromona, Dj Grima (Mataró), Sapoconcho Semponcho (Galicia) e Dj Balconde (Ribadavia).

Fiel á súa esencia integradora, a música non será a única protagonista. O festival incluirá actividades culturais para todos os públicos, destacando o tradicional "Pasarrúas de Airiños e Xigantes con Cabezudos", obradoiros interxeracionais e de creación musical, así como o Mercado das Sementes (mercadiño artístico de proximidade).

O evento conta co patrocinio institucional do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Deputación de Ourense e o Museo Etnolóxico de Ribadavia. Así mesmo, é posible grazas a colaboradores e marcas como Estrella Galicia, Destilerías Miño, Povarelo, Bodegas Gallegas, La Pócima, Matilda Nieves, Paniagua, Doppler, Gran Alanís, Pacto Cultura Sustentable e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. 

 

https://arteficial.org/

Comments