Skip to main content
ecos

Cursos gratuítos sobre discurso de odio, desinformación e ataques extremistas

Ecos do Sur organiza unha nova edición dos seus cursos gratuítos de formación fronte ao odio, a desinformación e os ataques extremistas, actualizados para 2026.

  • Modalidade: formación a través de mensaxes de texto mediante WhatsApp ou Telegram.
  • Certificación: as persoas participantes recibirán un certificado de participación ao finalizar a formación.
  • Inscrición: ata o 30 de setembro de 2026.

Cursos

Curso 1. Discurso de odio, bulos e algoritmos en redes sociais
📅 Do 2 ao 14 de outubro de 2026
Aprenderase a identificar contidos de odio en internet e a escoller a mellor estratexia para responder ante eles.

Curso 2. Discriminación e delitos de odio: que facer se son vítima ou testemuña?
📅 Do 15 ao 23 de outubro de 2026
Abordaranse as claves para identificar situacións de discriminación e delitos de odio, así como os recursos existentes para denuncialos de forma segura.

Curso 3. Protéxete dos ataques extremistas: estratexias para persoas defensoras de dereitos
📅 Do 26 de outubro ao 4 de novembro de 2026
As persoas participantes coñecerán como se producen os ataques de descrédito contra as organizacións de defensa dos dereitos humanos e que actuacións poden desenvolver desde a legalidade e o activismo.

👉 Inscrición: Formulario de inscrición

👉 Máis información sobre os cursos: Ecos do Sur – Cursos Ciber

Comments